Logrou os dous puntos en xogo o Punta del Este Xiria en base a defensa e portería, eido no que estivo máis atinado que na parcela ofensiva, sobre todo na finalización. Durante os primeiros intres do encontro se mantivo a igualdade froito dos numerosos erros de lanzamento que cometeron as xogadoras carballesas. Co paso dos minutos, e logo de asentarse no terreo de xogo, a selección de lanzamento mellorou en con ela a porcentaxe de acerto, de feito que a partir do minuto quince o Punta del Este acadou o mando no partido e no electrónico para non abandonalo xa. No segundo tempo e baixo a premisa de arriscar máis para recuperar o balón encaixou máis goles o conxunto verdinegro, mais acadou o seu obxectivo que se traduciu en contraataques que finalizaban en lanzamentos dende seis metros con clara vantaxe.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Almeiras cun centenar de seareiros nas bancadas, con gran número de seguidoras e seguidores carballeses. Colexiado: Wallace Moreira de Salles do colexio galego.
CULLEREDO 9 (3+6): Irene Pacheco, Antía Pardo, Lucía Sánchez, Paula Carballal, Carla Roca, Laura Vigo, Sofía Hardoul, Carlota Rodríguez, Yasmina Hardoul, Andrea Pérez, Marta Martínez, Yasmina Franco, Iria Rodríguez, Ainhoa Bodelo, Eva Lamas
PUNTA DEL ESTE XIRIA 23 (10+13): Anna Mª Hernández [p], Marta Gómez, Lucía España, Lara Otero, Alba García, Nerea Varela, Valeria Figueroa, Elena Collazo, Natalia Cancela, Nina Pereira, Paula Bouzas, Ana Pombo.