Maquisaba suma na segunda xornada
O xogo rápido tomou os mandos dende o comezo do encontro en Viveiro. As infantís do Xiria lograron atopar doados lanzamentos 1×0 xerados a partir do bo traballo defensivo. As…

sábado 25 de outubroPabellón Polideportivo Municipal de ViveiroInfantil feminino Prata · 1ª fase grupo E
O xogo rápido tomou os mandos dende o comezo do encontro en Viveiro. As infantís do Xiria lograron atopar doados lanzamentos 1×0 xerados a partir do bo traballo defensivo. As transicións rápidas, encabezadas por Manuela, deixaban pucas posibilidades a un conxunto local que se viu forzado a solicitar tempo morto para tentar cambiar a dinámica do partido (3-12). A pesar a disminución da efectividade na faceta ofensiva, o Xiria mantivo a intensidade grazas os trocos realizados, mentres que o Viveiro non tivo esa sorte por non dispoñer de xogadoras no banco.
No comezo da segunda metade (6-16) o Xiria volveu a ser superior no xogo pero estragaba oportunidades no lanzamento, forzando a un tempo morto motivado por sete erros en catro minutos. Pese o aviso, as de Carballo non foron quen de cambiar a selección de lanzamento, acumulando a ridícula cifra de 29 goles en 68 situacións claras de finalización. A pesar do bo traballo no 40×20 e cumplir cos obxectivos marcados quedou un regusto amargo sabendo que puido facerse mellor de cara a portería.
CLUB BALONMAN VIVEIRO 14 – 29 MAQUISABA XIRIA
Na seguinte xornada o Maquisaba agardará no Fogar a chegada do Linea21 nun encontro decisivo para manterse na loita pola cabeza da clasificación.
O partido
- Hoxe na táboa
- 3º


