Moi bo partido do Garaysa Xiria C que acaba en derrota

Moi bo partido do Garaysa Xiria C que acaba en derrota

GARAYSA XIRIA C    20 – 28 CLUB BM VIVEIRO

Partido correspondente á quinta xornada da Liga Prata (grupo B), desputado no pabellón Fogar, Carballo.

Comezou o Garaysa Xiria o partido cunhas defensas moi despistadas e uns ataques sen ritmo, ata que despois dun tempo morto foron quen de darlle a volta ao partido e achegarse no marcador, chegando ao descanso 11-12 a favor do Bm Viveiro.

Coas pilas cargadas e moitas ganas sairon de novo á pista os xogadores do Garaysa Xiria que conseguiron, cunhas boas defensas, impoñerse no marcador, aínda que por pouco tempo, pois o gran físico dos xogadores do Viveiro saiu a relucir nos últimos minutos do partido. Isto fixo que o Garaysa Xiria tivera poucas opcións de vitoria a pesar dun partido moi igualado e intenso.

Moi bo traballo dos xogadores do Garaysa Xiria C que non puideron puntuar nesta xornada, tocará seguir traballando e na próxima xornada viaxar para enfrontarse ao Bm Pontedeume.