Moito líder para o Grupo Lemaco B

Moito líder para o Grupo Lemaco B

Derrota do Grupo Lemaco B na súa visita a Moaña, na que se preveía un encontro complicado xa que o Bm. Moaña e un dos primeiros da táboa no Grupo A da Liga Prata, tanto que con esta victoria se sitúa como líder en solitario despois desta xornada.
As carballesas comenzaron o envite moi descentradas e superadas pola dobre defensa mixta das locais(7-1, min. 14)que lles permitiu abrir distancias no marcador. A pesares diso, as carballesas reaccionaron e conseguiron voltear a situación, chegando ó descanso un abaixo(10-9). Un mal inicio de segundo tempo provocou que as do Morrazo voltaran a ampliar a vantaxe, cousa definitiva que as do Xiria non conseguiron revertir.(21-16, final).
 
Na vindeira semana o Grupo Lemaco B recibirá en Carballo ó Bm. Cangas.