Nadia Vázquez continuará poñendo o cadeado á portería do Calvo Xiria
A xalleira, quen se gañou por méritos propios estar considerada coma unha das mellores gardametas da categoría, seguirá unha tempada máis defendendo a portería do Calvo Xiria Carballo Turismo. Nadia…

A xalleira, quen se gañou por méritos propios estar considerada coma unha das mellores gardametas da categoría, seguirá unha tempada máis defendendo a portería do Calvo Xiria Carballo Turismo.
Nadia Vázquez Campos (Santa Comba, 2001) cumprirá a súa cuarta campaña consecutiva por terras carballesas para continuar coa súa traxectoria ascendente e tamén para seguir sendo unha peza fundamental para o equipo que dirixe Manu López.
A alta porcentaxe de paradas que vén acadando a gardameta xalleira baixo paus nos últimos campionatos de liga, será chave para que o seu equipo, o Calvo Xiria Carballo Turismo acade os obxectivos marcados para esta tempada 2021-2022.


