Nova vitoria do Garaysa Xiria
Terceira xornada da división de honra infantil masculina e o Garaysa Xiria actuaba como local ante o Bm Lavadores. Os carballeses demostraron desde o principio que eran superiores e cunha…

Terceira xornada da división de honra infantil masculina e o Garaysa Xiria actuaba como local ante o Bm Lavadores. Os carballeses demostraron desde o principio que eran superiores e cunha defensa inexpugnable e rápidas saídas ao contrataque fixéronse dominadores do partido. Nos minutos finais da primeira parte os locais relaxábanse demasiado e encaixaban goles con facilidade, chegando ao descanso 19-8.
Corrixidos os erros defensivos, e esixindo o máximo en cada acción, o Garaysa realizou unha excelente segunda parte na que só encaixou 4 goles. Destacar a achega de todos os xogadores tanto en defensa como en ataque, no que todos anotaron.
Na seguinte xornada, o sábado 15 ás 10:00 o Garaysa Xiria visita a pista do Lalín Area para enfrontarse ao Prosem Lalín.
Incidencias: Partido disputado non Pavillón Carballo Calero con de 150 seareiros nas bancadas. Colexiado: Pedro Bermúdez Calvo do colexio galego. Sen complicacións. / 7 metros: Garaysa Xiria 1/2 // Bm Lavadores 1/2.
Marcador cada 5 minutos: 5-0, 12-2, 14-3, 16-4, 19-8, descanso, 24-8, 31-10, 34-11, 39-11, 43-12.
GARAYSA XIRIA 43 ( 19 + 24 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Áaron Rodríguez (2), Carlos Varela (2), Mario Cancela (7), Daniel Mallo (5), Fernando Mallo (4), Juan Pereira (3), Diego Antelo (7), Julián García (7), Antonio Calvelo (4), Pablo Esmoris (1), Javier Rodríguez (1).
BM LAVADORES 12 ( 8 + 4 ): Antero Molares, Pablo Gómez, Rodrigo Pérez, Manuel Madrid (4), Hugo Rodríguez, Andrés González (1), Iago Fernández, Anxo Carrera, Pablo Fernández (6), Pablo Lora, Alberto Covelo (1), Oscar Gallego.












