O Laber Xiria remonta cun menos e leva os dous puntos en xogo
Prevíase un partido igualado e complicado o desta mañá festiva do día do Pilar e así foi. O BM.Porriño non defraudou e demostrou ser un potente rival, con gran sentido…

Prevíase un partido igualado e complicado o desta mañá festiva do día do Pilar e así foi. O BM.Porriño non defraudou e demostrou ser un potente rival, con gran sentido do xogo colectivo e rigor táctico. Moito tivo que traballar o Laber Xiria para conseguir saír vitorioso do envite e non foi, até os últimos instantes e da maneira máis épica, cando o obxectivo consumouse.
Aínda que defensivamente as cousas non empezaron ben para os de Carballo, o ataque fluído e o contragolpe, tanto en primeira como en segunda onda, si daba os seus froitos e desta forma, no minuto dez, o electrónico reflectía un importante 8-4. As lagoas defensivas e as malas recepcións, non permitían que o xogo dos verdinegros mostrásese en todo o seu esplendor e de forma regular e foi así que, a vantaxe conseguida, morría no seguintes dez minutos para establecer no vinte do primeiro acto unha inquietante igualada (11-11). Os visitantes apropiábanse do partido e íanse ao descanso cunha vantaxe máis que zumenta (14-17).
Nada máis comezar o segundo tempo, o Laber Xiria volvía ao encontro cun 3-1 de parcial (17-18) e a partir de aquí, as vantaxes foron mínimas, con ambos os conxuntos loitando con todas as súas armas para conseguir os dous puntos en xogo. A achega en portaría de Antonio e unha defensa máis densa e colectiva por momentos, foi clave, a pesar de non estar hoxe ao seu mellor nivel. Especial importancia cobraron as accións cun menos dos de Xiria, que curiosamente souberon resolver con mestría e lograr un parcial gañador que ao cabo sería vital. Co erro final dun lanzamento de penalti con tempo a cero, que suporía o empate, o Laber Xiria consumaba unha vitoria sufrida que os levanta, momentaneamente, até o máis alto da táboa clasificatoria, contando as tres primeiras xornadas de liga, por outras tantas vitorias.
A competición oficial non descansa e o vindeiro Sábado, o Laber Xiria, terá outro óso duro de roer, esta vez lonxe de casa e contra o BM.Lalín. O partido terá lugar no pavillón Lalín Arena ás 12.45.
Laber Xiria: 28 (14+14). Souto (p), Samuel (p), Antonio (p), José (1), Carlos (6), Andrés Vila (4), Manuel Sánchez, Roi (1), Ronaldo, Andy (1), Fran (2), Juanca (11), Santi (2).
BM.Porriño: 27 (17+10). Alex, Samuel, Fermín (8), Vizcaya (3), Martín (6), Carlos, Rubén, Canosa, Sergio (1), Iñigo (9), Angel, Saul, Rodrigo..
Colexiados: P.Barreiro e P.Torreiro. Sen complicacións.
Parciais cada 5´: 4-3 /8-4 /10-8 /11-11 /12-14 /14-17-**Descanso-**17-18 /21-20 /21-22 /24-23 /26-26 /28-27-Final.
Incidencias: Partido da terceira xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no Vila De Noia ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.


