A xornada pasada os carballeses conseguían unha importante vitoria para salir da dinámica na se atopaban e, nesta viaxe compricada a Miño tentarían seguir con esta boa dinámica para poñer en apretos ao equipo local.
CLUB BALONMÁN MIÑO 26 – XIRIA B 31
O equipo carballés salía ao partido moi intenso na labores defensivas e isto facía que conseguiran frear as situacións ofensivas dos ourensans a pesar a visibles superioridade física e de experiencia dos mesmos. Este esforzo defensivo dáballe aos carballeses un marxen de cara ao ataque, no cal, ao comezo do partido se amosaban atascados. Esta situación de atasco tan só conseguían desfacela con situacións de lanzamento exterior no cal se amosaba moi acertado Ángel Viña. Con todo, os carballeses estaban a ser moi constantes en ambas facetas do xogo. Despois dos primeiros 30 minutos o partido foi ao descanso con 11-12 a favor dos carballeses.
Xa na segunda metade os carballeses continuaron a manterse moi regulares, con gran acerto na defensa e isto facía que puideramos ver os primeiros contraataques efectivos conseguindo así despegarse no marcador. Nos minutos finais do partido o Miño prantexou unha defensa máis presionante, sobre todo na zona esquerda do campo. Sen embargo, os de carballo conseguiron aproveitar esos espazos xerados na defensa presionante e así facerse donos do partido.
Importante vitoria na cal estos rapaces amosaron unha madurez deportiva á cal non nos tiñan acostumados.