O Calvo Xiria B vence na Final Four e consegue o ascenso a Primeira Autonómica
O Calvo Xiria B disputaba a pasada fin de semana en Tui a Final Four de Segunda Autonómica. Dita competición concedía o ascenso a Primeira Autonómica ao gañador da mesma.…

O Calvo Xiria B disputaba a pasada fin de semana en Tui a Final Four de Segunda Autonómica. Dita competición concedía o ascenso a Primeira Autonómica ao gañador da mesma. O Calvo Xiria B con unha liga e segunda fase moi boa con tan só unha derrota e un empate chegaba como favorito para levarse dito título.
CALVO XIRIA B 27 vs MILLAVEN CP LUCENSE 24
O primeiro partido da Final Four foi un partido moi igualado dende o comezo. Os carballeses conseguiron ir por diante no marcador case na totalidade do encontro pero en ningún momento se conseguían escapar do equipo lucense. Os erros de lanzamentos e as imprecisións facían que o partido se mantivera sempre en rentas pequensa. Estos erros e bo facer do equipo de Lugo fixo que se chegara ao final con unha pequena vantaxe que os de carballo souperon facer valer con tranquilidade e bo facer. Esta vitoria facía que os de Carballo se xogara o ascenso ao día seguinte contra o equipo anfitrión o Tui.
CLÍNICA VETERINARIA ESTACIÓN BALONMÁN TUI 25 – CALVO XIRIA B 37
O partido decisivo e a última oportunidade de ascenso xogábase nesta Final entre o equipo anfitrión e o Calvo Xiria B. O equipo carballés grazas ao completo do seu plantel e ao cansanzo do equipo rival derivado do partido anterior prantexaba un partido contundente dende a defensa e portería e rápido en canto á parcela ofensiva. Soupo plasmar moi ben esa idea de partido e grazas a iso conseguía unha renta inicial de ata 4 goles. A partir de ese momento o equipo carballés conseguiu manter un ritmo de idea de xogo durante todo o partido e isto facía que pouco a pouco fose aumentando aS distancias contra un Tui que nunca baixaba os brazos. Con un partido moi completo e con unha aportación positiva de cada un dos xogadores o equipo carballés amosouse intratatable e conseguiu así a vitoria do ascenso a Primeira Autonómica.
Temporada de moito mérito do Calvo Xiria B non só polo tramo final da tempada no que contaba con un fondo de plantel maior senon por todos os partidos disputados. Con un plantel moi novo e con convocatorias moi cambiantes soupo competir a un nivel moi alto toda a tempada. Con unha defensa e portería que foron as menos goleadas da categoría. Con partidos ,en moitos casos, con xogadores xuvenís que aportaron moito ao equipo e con un bloque de xogadores sénior que mantiveron sempre a tensión competitiva… Dar a noraboa a todos o xogadores e a difrutar do conseguido… FORZA XIRIA.


