As carballesas tiveron desprazamento curto ata Santa Comba onde se agardaba un encontro moi disputado, como cada vez que se xoga un derbi. Moi entonadas comenzaron o encontro as do Xiria, que puxeron distancia no marcador nos primeiros minutos(1-5). A pesar diso as xalleiras lograron ir recortando distancias ata empatar o encontro a sete tantos despois dunha serie de erros que foron marcando os seguintes minutos. Con dúbidas na defensa, onde as primeiras liñas locais conseguían penetrar na estructura defensiva carballesa, non foron quen de manter os guarismos anotadores nos últimos minutos do primeiro acto onde as carballesas voltaron a ter renta de ata tres goles(10-13).
Na segunda metade puidemos ver a un Xiria combativo e moito máis seguro na defensa, pero polo contrario moi errático no ataque, sobre todo caindo en precipitacións que lles provocaron moitas perdas dando opcións ás xalleiras. Co marcador no alambre, e cunha sanción de dobles inexistentes, mais unha exclusión máis que rigurosa, as carballesas terminaron por caer.
Este vindeiro domingo as do Calvo Xiria recibirán o Bm. Samertolameu no Vila de Noia ca necesidade de acadar un bo resultado que lle certifique un ano máis a sua presenza entre as mellores na Final Four