O Tubasys suma ante un combativo Arousa

Ben se deu a mañá do domingo para as nenas do Tubasys Xiria que solventaron a penúltima xornada da Liga Prata cunha victoria no Vila de Noia de forma autoritaria.

Soamente nos primeiros intres do encontro as carballesas mostraron un pouco de desorden en defensa o que lle deu ás pontevedresas para manterse no electrónico, pero cando subiron as prestacións das do Xiria, comezaron a chegar as primeiras vantaxes.

Con esta victoria, o Tubasys Xiria só lles resta a visita este próximo domingo o Municipal de Pontevedra, onde se mediran na derradeira xornada o Bm. Cisne