O Calvo Xiria e Gourmet Ampate Lanzarote, novo duelo de favoritos

1ª Nacional masculina

O Calvo Xiria quere dar un paso de xigante esta fin de semana, no seu obxectivo final. Para iso, deberá gañar a un Lanzarote que chega segundo clasificado a Carballo. O conxunto lanzaroteño, moi reforzado esta tempada, con fichaxes de renome, abrigo na súa primeira liña, cambiou o seu estilo de xogo con respecto á primeira volta. Apostan por un maior ritmo, e procura de xogo facía zonas exteriores. O Calvo Xiria, chega á cita cos mesmo nomes que en citas pasadas; pero con fantásticas noticias no apartado de baixas; onde Gabriel Castiñeiras vai collendo a forma e segue adestrándose á marxe e Aaron Rodríguez deberá pasar por quirófano para facerse unha artroscopia dunha lesión que xa dura máis de ano e medio e que o estaba limitando á hora de xogar. Isto quere dicir que o adestrador carballés Adrián Dubra; poderá dispoñer para a parte final da tempada de todos os xogadores fóra de Ramón. O Calvo Xiria, mellorou os seus números nesta segunda volta; sendo un dos equipos que menos goles encaixa e o que máis goles mete. A confianza depositada nas tarefas defensivas, e o traballo de colaboración coa portería; será fundamental neste partido. Os xogadores esperan que o Vila de Noia, #ver de gala, e a afección sexa unha xogador máis do persoal, nun choque, que aclararía e moito a clasificación para os intereses do equipo bergantiñan. O partido disputarase o sábado ás 20:00 no pavillón Vila de Noia, de Carballo.

1ª Autonómica Feminina

O Goldie Xiria Carballo Turismo remata ca primeira fase do campionato este domingo ás 13:00 co segundo encontro consecutivo ante o Balonmán Saeplast Cañiza.

Trala derrota acadada na difícil cancha rival, as nosas foron quen de sacar conclusións positivas dun encontro no que o marcador non fixo xustiza ó esforzo das carballesas.

Sen nada en xogo, en termos clasificatorios, o encontro do domingo é unha boa oportunidade para dar unha alegría á afección, demostrar a mellora do equipo ó longo da tempada e prepararse para a vindeira fase cun formato de competición moi atractivo que convirte cada partido nunha final.

Categorías base

O Hierros Varela Urbieta Xiria xoga esta fin de semana ante un vello coñecido, o BM Línea 21, co que xa se enfrentara na primera fase da competición, ata en dúas ocasións, acadando unha derrota e un empate.

O encontro do domingo ás 10:00 no CEIP Pepe de Xan Baña é a oportunidade perfecta para as nosas xuvenís de quitarse a espiña cravada e facer xustiza á gran temporada que están a realizar.

Trala derrota en Vigo do pasado domingo, o equipo quere volver á senda da vitoria apoiado no gran ambiente que se respira nos adestramentos e no bo xogo amosado ó longo da tempada. As nosas rapazas esperan seguir aprendendo e volver para Carballo cos dous puntos

Os xogadores do Grupo Lemaco Xiria A, enfróntanse ao Bm Rodeiro Cogal o sábado ás 10:00 no Vila de Noia. Despois da vitoria da semana pasada, o equipo quere gañar en confianza e mellorar o xogo de ataque; deberá xogar máis tranquilo e manter a intensidade colectiva defensiva ao longo dos 60 minutos.

Pola súa banda o Grupo Lemaco Xiria B, desprázase ao pavillón Novo Mesoiro para xogar ás 12:15 contra o Bm Liña 21. Os xogadores cadetes queren manter a dinámica positiva dos adestramentos e seguir a liña de progresos desta tempada.

Por último, o equipo infantil do Garaysa Xiria, viaxa ata Cangas; para xogar o sábado ás 10:45 no Gatañal, contra o Bm Luceiros. Unha vitoria nesta xornada 2; situaríaos na primeira praza da clasificación.