O Goldie Xiria Carballo Turismo cae ante o líder

O Goldie Xiria Carballo Turismo retomou a competición o pasada sábado na Cañiza ante un rival invicto que impuxo o seu ritmo dende case o comezo do encontro, aínda que as nosas, por momentos, foron superiores en moitas das fases de xogo a pesar do abultado resultado final.

Coa baixa de Natalia, o Goldie iniciou o encontro con falta de ideas no ataque posicional, pero moi intensas en defensa, con constantes axudas e presións que provocaron erros pouco habituais no equipo rival. Este feito non o aproveitaron as nosas, cheas de dúbidas no ataque que motivou rápidas transicións rivais que anímicamente fixeron moito dano e que fixeron engrosar o marcador ata o 14-7 co que se chegou ó descanso.

Ó comezo da segunda metade a tónica foi moi semellante, aínda que o Xiria conseguiu encadear varios parciais positivos que rápidamente foron contrarrestados co dominio local mantendo a diferenza constante no marcador. O bo partido de central Alba mantivo as nosas ata os derradeiros cinco minutos na loita polos dous puntos, pero un tempo morto solicitado polo adestrador local e unha exclusión de nosa pivote Sheila termiaron de afundir ás nosas cun resultado final de 33-24.

Esta semana o Goldie Xiria Carballo Turismo volve medirse ó Balonmán Saeplast Cañiza no último encontro de primeira fase onde, sen nada en xogo e nivel clasificatorio nin nada que perder, as nosas esperan dar unha alegría a afección.

 

BALONMÁN SAEPLAST CAÑIZA 33 (14-19)

  1. Carla Abad (4), 46. Pamela Arca (p), 15. Ana Orge, 3. Sara Carril (6), 1. Alexia Penabella (p), 19. Olalla Penabella (2), 11. Maria Montero (5), 10. Alba Afonso (6), 31. Alejandra Carballo (2), 24. Emma Pérez (39, 4. Ana Rodríguez, 18. Lucía Afonso (5), 33. Laura González, 8. Iria Gómez, 16. Sofía Álvarez (p).

 

GOLDIE XIRIA CARBALLO TURISMO 24 (7-17)

  1. Minia Calvo (3), 6. Aida Vizcaíno, 21. Maura Fernández (p), 17. Marta Gómez, 27. Lara Otero (1), 24 Sheila Ferreiro (3), 10. Tamara Pombo (3), 1. Nadia Vázquez (p), 19. Alba Rodríguez (5), 26. Raquel Gómez (1), 23. Elena Segade (2), 7. Mina Ribullen, 14. Jessica Posse (2), 12. Sara Pose, 2. Juana Garrochena (4).

Un pensamiento sobre “O Goldie Xiria Carballo Turismo cae ante o líder”

Los comentarios están cerrados.