O Calvo Xiria pecha o plantel coa incorporación de Andrea Díaz

A xogadora asturiana é a primeira e última fichaxe dun Calvo Xiria que dá por pechada o seu plantel con esta incorporación.

Andrea Díaz García (Siero, 1999) empezou a súa carreira no mundo do balonman aos 13 anos e fíxoo sempre defendendo a camisola do Club Deportivo Balonmán Siero.

Na súa etapa como xuvenil, unha lesión mantívoa apartada das pistas e ademáis viu como o seu equipo se disolvía por falta de efectivos, pero as súas ganas e a súa paixón por este deporte foron máis fortes e seguiría adestrando cos conxuntos da categoría inferior para non deixar o balonmán.

Xa na tempada 2019-2020, a xogadora sierense comezaría a adestrar co equipo sénior do CDBM Siero, o cal milita en División de Honra Prata, pero acabaría xogando co conxunto xuvenil-sénior, debido a que as súas funcións como adestradora do equipo infantil non lle permitían compaxinar ambas cousas.

Agora, Andrea aterriza en Carballo para reforzar ao Calvo Xiria de Manu López, quen dende xa mesmo poderá contar con esta xogadora diestra que en tareas ofensivas se desenvolve como pivote, aínda que tamén pode facelo como extremo; e defensivamente falando, tamén realiza as súas función na zona da pista máis pegada a liña de banda.

Dende o clube só nos queda darche a benvida á nosa gran familia e desexarche o mellor nesta nova e ilusionante etapa.