1ª Estatal masculina
O Calvo Xiria estrea a segunda volta xogando na casa fronte ao Forbe Reconquista de Vigo. Como novidade, este sábado xogarán ás 19:00 no Vila de Noia, outra vez sen público.
Os vigueses son outro dos equipos recentemente ascencidos; marchan penúltimos na táboa, e esta segunda volta contarán todos os seus partidos como finais, para tratar de salvar a categoría.
O Calvo Xiria, non quere sorpresas e deberá saír ao 40×20, moi concentrado, realizar un partido serio, traballando desde a defensa; o que permitirá aumentar o ritmo de xogo, factor que xogará a favor dos intereses do cadro bergantiñan.
Outra das armas que deberá contrarrestar o Xiria será o xogo 7×6 do rival; que é do poucos equipos que utiliza este sistema no seu xogo, en determinados momentos dos partidos. A defensa; non deberá esquecerse do perigo de Guillermo Fernández desde o lateral dereito, e estar pendente tamén de Diego Prada e Javier Freijeiro. Os 3 máximos goleadores do equipo.
O Calvo Xiria súmalle ás baixas de Ramón e Losón; a de Gabriel, cunha rotura do metacarpo da man esquerda, tras un lance no adestramento.
A nota positiva, é que veremos na convocatoria, xuntos por primeira vez, aos catro xuvenís que están a adestrar de maneira habitual desde a tempada pasada co conxunto verdinegro. O excelente rendemento que están a mostrar nos adestramentos, failles formar parte dun plantel, do que están totalmente integrados.