Gran triunfo do Grupo Lemaco B ante un combativo Cañiza que apretou ó equipo carballés durante todo o encontro. O xogo en ataque contra a defensa 5-1 dáballe productividade ó equipo local, con constantes transformacións na segunda liña que aproveitaban moi ben as da primeira liña co desorden defensivo. As carballesas marchaban ó descanso cunha vantaxe cómoda. No segundo tempo as pontevedresas modificaron a defensa pero nesa defensa 6-0 as do Xiria mostráronse aínda máis contundentes, logrando chegar ata os nove goles de diferencia. A aportación na portería tamen foi salientable, e só nos últimos minutos as da Cañiza recortaron as vantaxes, pero de maneira insuficiente. Victoria carballesa no partido que fora aplazado fai unhas semanas

Publicado enCadete feminino

