O Calvo Xiria sela o pase a cuartos trala vitoria ante AD Carballal

Con pleno de triunfos, o senior femenino acaba como primeiro clasificado do grupo C e disputará os cuartos de final na casa.

Cun rival que tan só compareceu no Vila de Noia con sete xogadoras, o que semellaba ser un encontro plácido, comezo lixeiramente costa arriba para as nosas; onde as boas intervencións de Xulia Pereira mantiñan a igualdade ata o minuto 15. Tras un tempo morto visitante, a intensidade defensiva das carballesas foi a máis. A entrada de Lara Otero xunto coas paradas de Sara serviron para ir ó descanso seis tantos arriba 18-12.

Na segunda metade, o cansancio evidente das xogadoras olívicas ralentizou a ritmo do encontro. A defensa 5:1 do Xiria xeraba moitas imprecisións das visitantes e a distancia no marcador ía medrando ós poucos. Coa vitoria no peto, foi momento da reparto de minutos entre as carballesas onde o nivel do equipo nunca baixou.

Esta semana, o Calvo Xiria feminino xogará o derradeiro encontro da tempada na casa.  O partido correspondente ós cuartos de final da Copa Sponsor porá o broche á tempada no Vila de Noia co obxectivo de acadar o pase as semifinais que se desputarán en Culleredo.