Punta del Este Xiria 3° clasificado da Final4 Infantil Feminina

Gran fin de semana o que puideron disfrutar as nenas do Punta del Este Xiria no Lalin Arena, coa disputa da Final Four na categoría infantil femenina.

Na tarde do sábado as de Carballo se enfrentaban o Balonmán Carballal na disputa da segunda semifinal, mentres o Bm. Cangas xa esperaba na gran final despois de vencer sobre o Bm. Porriño. As de Zarra saíron enchufadas cun parcial de 3-1, pero pronto equilibrarían a balanza as viguesa nunha primeira parte moi igualada. Na reanudación, as carballesas saíron algo descentradas, momento que aproveitaron as azuis para abrir unha distancia no marcador(14-10) que xa non foron quen de arranxar (22-15 o remate).

Despois da derrota na semifinal, tocaba levantarse e afrontar a loita polo tercer e cuarto posto ante o Bm. Porriño. As do Punta del Este volveron a dar a cara nun encontro con alternativas. Ao descanso chegouse cunha mínima vantaxe para as coruñesas (10-11). O segundo tempo estuvo cheo de imprecisións por ambos lados, pero a actuación brillante da portería verde e o maior acerto nas accions fina is, as do Xiria finiquitaban o partido vencendo por 18-21, un resultado que puña punto e final a unha magnífica tempada para este grupo de nenas conseguindo o tercer posto na Final Four e o cuarto posto na máxima categoría autonómica.