Moi superior se mostrou o Calvo Xiria este pasado sábado ante o Bm. Chapela, que viña de gañar o seu encontro da xornada anterior contra o Bm. Lalin.
As de Carballo sairon ó encontro cas ideas claras sabedoras da importancia dos encontros que lles restan ata o final da liga regular e non quixeron deixar nada para a dúbida. O parcial de 5-1 a favor no inicio, cunha defensa sólida e explotando a velocidade na primeira oleada marcaron as primeiras vantaxes para as verdes. Nas situacións de ataque posicional, as locais mostráronse máis eficaces nas combinacións, mellorando con respecto a semanas anteriores na continuidade das accións, chegando sempre a ese pase máis que se necesitaba para conseguir as vantaxes. So o desacerto no lanzamento e o acerto da gardarredes visitante evitaron unha diferencia máis abultada ó descanso(18-6).
Na segunda metade estas diferencias foron crecendo dando continuidade ó visto na primeira metade onde o partido non tivo máis trascendencia. Salientar o debut na categoría de Nerea Varela que realizou bos minutos na parcela de ataque.
Nesta vindeira semana o Calvo Xiria visitará a difícil cancha de Oira para medirse o Bm. Pabellón en Ourense o domingo ás 18.30h