Dous puntos máis para o Tubasys en Poio

Victoria do Tubasys Xiria en Poio ante o equipo pontevedrés que nada puido facer ante a superioridade das carballesas. A pesares de entrar no encontro moi imprecisas no ataque ante a defensa 5-1, as de Sheila mostráronse moi férreas en defensa concedendo moi poucos goles na primeira metade, e foron mellorando nos lanzamentos ata chegar o descanso cun claro 3-15 no electrónico. Co partido resolto as do Xiria baixaron as suas prestacións tanto no ataque como na defensa, o que fixo que a segunda metade se igualase no xogo pero non no resultado(14-25).
 
Este domingo o Tubasys recibirá na casa o Bm. Abegondo