5ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino
Grupo Lemaco Xiria A 27 – Culleredo Sweepend 39 (13-20)
As perdas de balón lastraron calquera posibilidade de facer fronte a un Balonmán Culleredo moi superior durante os 60 minutos a un Grupo Lemaco que se viu desdebuxado e apático en moitos momentos do partido.
Agardábase un partido parello, pero esa igualdade so se viu nos primeiros 20 minutos, onde o Xiria aguantaba co lanzamento exterior e con boa disposición na súa defensa 6:0. A partires dese momento as perdas de balón foron constantes nos locais, aproveitadas polo Culleredo que marcou diferenza de 7 goles ao descanso e deixaba moi difícil a remontada.
A apatía na circulación de balón e os poucos recursos amosados fixeron que o Culleredo con pouca presión defensiva seguira a provocar perdas no ataque carballés que transformaban en gol e incrementaban o marcador a seu favor, numerosos fallos de lanzamento con un baixo porcentaxe, desfiguraron a imaxe do equipo . Demasiado castigo para un Grupo Lemaco que debe aspirar a máis pola calidade dos seus xogadores.
Grupo Lemaco Xiria A 27 (13): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 1, Henrique 8, Aday, Marcos Suárez 1, Nico Cancela 2, Marcos Varela 8, Brais Suárez 1, Simón 1, Maxi, Alvaro García e Jorge Rodríguez 5.
Culleredo Sweepend 39 (20): Marco González, Iago Vázquez 1, Aaron Blanco 1, Samuel Seijas 10, Miguel Martínez 5, Alejo Martínez 4, Antón Pérez, Nicolás Casal, Ivan sánchez 6, Jaime Serrano 2, Adrián Veira 3, Anxo Negreira 3, Atalo Bello 4,
Arbitraron: Cristian García e Renzo Díaz