Derrota do Punta del Este Xiria nun encontro con emoción ate o final

Derrota na Liga Prata do Punta del Este Xiria ante o Bm. Atlántico, líder do grupo tras un partido de altibaixos e disputado ata o fin por ambos conxuntos.

As de Carballo comezaron moi frouxas na defensa, ante un rival con máis ímpetu que nos duelos individuais levaba as de gañar nese primeiro acto, indo cara os vestiarios cunha renta clara de cinco goles (7-12).

No segundo tempo, as locais apretaron os dentes, subiron a intensidade en defensa e conseguiron voltear a situación nunha parte do encontro que dominaron, logrando empatar o encontro. Nos derradeiros instantes, a falta de puntería provocou que a vitoria final se fora coas de A Coruña.

A próxima semana as do Punta del Este Xiria visitarán Santa Comba para medirse o Bm. Xallas.