O Culleredo supera ao Grupo Lemaco “B” na Liga Prata


8ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Culleredo Remax Riazor 46 – Grupo Lemaco Xiria B 41 – (23-19)

Cando os ataques de ambos equipos se impoñen as defensas e por encima imponse un ritmo alto de partido, o marcador alcanza grandes números, pero o partido vóltase vistoso para o espectador.
Así foi, partido intenso e con moitas gañas de correr, transicións rápidas e un pouco maior acerto de cara gol para os de Culleredo, que acabaron impoñéndose na recta final dun encontro igualado. Encontro para sacar moitas conclusións e ir medrando como xogadores.

Culleredo Remax Riazor 46 (23): Iago Vázquez 7, Alvaro Siso 13, Bruno Pardo 1, Matías Teixeiro 4, Fabian Manzo 2, Rubén Gantes 2, Adrián López, Jorge Outón 3, Iago Allegue 1, Diego Piñeiro 3, Mario Sánchez 1, Lucas López 7 e Pablo Ares 1

Grupo Lemaco Xiria B 41 (19): Dani Marta (porteiro), Nico Cancela 11, Marcos Varela 10, Simón 2, Alvaro García 6, Alvaro Gómez 1, Xabi 4, Diego Barbeira, Nico Mejuto 4, Andrés Pombo 3 e Andrés Pedreira.

Arbitraron: Rubén Iglesias e Ivan Pazos