O Grupo Lemaco “A” obtén unha vitoria en Bueu


9ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Bueu Atlético Balonmán 38 – Grupo Lemaco Xiria A 49 (20-25)

No peche da primeira volta o Grupo Lemaco amosou unha das súas mellores caras en Bueu, dominando o partido dende as primeiras accións de xogo, nun encontro marcado pola velocidade das accións no que os ataques a penas duraban poucos segundos.
Moi resolutivo de cara a portería contraria pero a vez moi permisivo pechando a súa defensa, o que levou o marcador a moitos goles nun partido moi vistoso, o Xiria dobregou a un rival incómodo na súa pista, e afronta a segunda volta con boas sensacións.

Bueu Atlético Balonmán 38 (20): Jaime Moldes, Miguel Piñeiro, Antón Fernández, Pablo Arce, Pedro Costas, Jose Cordeiro 1, Antón Fernández 4, Juan Cruz 4, Martín Cadilla 15, David Alvarez, Marcos Martínez 1, Miguel Cadilla, Alberto Fernández, Pablo Arce, Gael García, Jaime Moldes 13, Mateo Blanco, David Entenza e David Rodríguez

Grupo Lemaco Xiria A 49 (25): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 1 , Marcos Suárez 5, Henrique Traba 15, Nico Cancela, Marcos Varela 9, Brais Suárez 3, Simón Viña 2, Alvaro García 1, Maxi 3, Dani Periscal 8 e Jorge Rodríguez 2.

Arbitraron: Soraya Abelenda e Paula Fontán