O Garaysa ‘A’ colócase segundo na clasificación

O Garaysa Xiria A consegue a súa cuarta vitoria consecutiva logo dun gran partido dende a defensa.

Garaysa Xiria A 38 – Balonmán Lalín 19

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (5), Quintín Insua (4), Rodrigo Rama (2), Lucas Radio (4), Brais Sánchez (2), Roi Pérez (1), Héctor Castro (6), Gael Romero (3), Sergio Pérez (10) e Marco Núñez (1).

Incidencias:  Partido correspondente á 7ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).

Arrancaba o encontro no Vila de Noia cos ataques como protagonistas, onde as defensas estaban tendo problemas para parar os 1 contra 1 de ambos equipos. A primeira metade continuaba, e un arreón final dos locáis fixolles chegar ao descanso con 5 goles arriba no marcador.

Na segunda metade, o Garaysa Xiria dominou de principio a fin o encontro, e grazas á intensidade defensiva deixou ao equipo rival en tan só 8 goles, para chegar ao final cun amplo 38-19 a favor.

O Garaysa Xiria A ascende así á 2ª praza da clasificación e xa suma 6 vitorias en 7 partidos esta tempada. A vindeira semana haberá parón debido á ponte da constitución.