O Garaysa cede ante o Bm Porriño
O pasado domingo comezaba a Copa Federación para o Garaysa Xiria, enfrontándose ao Bm Porriño, terceiro clasificado da fase regular e equipo clasificado para a fase final da liga. O…

O pasado domingo comezaba a Copa Federación para o Garaysa Xiria, enfrontándose ao Bm Porriño, terceiro clasificado da fase regular e equipo clasificado para a fase final da liga. O Garaysa, unha vez conseguido o obxetivo de manterse en división de honra busca continuar coa progresión.
O partido comezou co Garaysa prantexando unha defensa 3-2-1, tentando reducir o espazo entre defensores. A pesares de ser unha defensa por mellorar, o equipo local conseguía recuperar balóns cunha boa aportación da portería. No que lle respecta ao ataque, o equipo non conseguía a movilidade de balón necesaria debido a defensa 5-1 do Porriño, polo que os carballeses tardaron en ser capaces de rachar a defensa visistante. Con todo encaixaronse moitos goles na primeira metade, pero marchouse con certa igualdade 14-17.
Na segunda metade, o Garaysa lonxe de mellorar a sua defensa a intensidade baixou moito. O Garaysa non mostrou neste 25 minutos da segunda metade a capacidade de loita que mostrara nos partidos finales da liga. Con esta falta de actitude o equipo do Porriño foi capaz de ir collendo rentas cada vez maiores, con rápidas que o equipo local non soupo frear. A partir de ahí o partido non ten historia, o que sí puidemos ver é que os carballeses cando falta a súa mellor arma que é a intensidade e a loita non son o mesmo equipo.
GARAYSA XIRIA 31 (14+17) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Alberto Rodríguez (3), Pedro Porteiro (1), Samuel Regueira (4), Ángel Viña (5), Samuel Veiga (11), Erik Vázquez (4), Pablo Veiga (1), Xurxo Fraga (2).
BM PORRIÑO 37 (17+20) Martin Bar (5), Adrián Carrera (5), Hugo Rodríguez (5), Josue Rodríguez, David Rodríguez, Roberto Castro (7), Alex Ocampo, Rodrigo Pereyra , Lucas Antunes (5), Efrén Fernández (5), Xulio Fernández, Nicolás Giraldez (5), Balado Paz (5), Daniel Martínez.


