O Garaysa gaña e remata segundo na Fase de Clasificación

Garaysa Xiria 33 – Rodeiro Faro 10

Un gran partido de principio a fin do Garaysa Xiria permítelle acadar o segundo posto na Fase de Clasificación

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Lucas Fajardo, Óscar Longueira, Dani Pan, Álvaro Cotelo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 3ª xornada da Fase de Clasificación infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

Chegaba a 3ª e última xornada da Fase de Clasificación e o Garaysa debía gañar ao Rodeiro para seguir coas opcións de rematar segundo. Os de Carballo comezaron o partido moi fortes na súa defensa 3:3 que lles permitía coller vantaxe dende os primeiros minutos. A primeira metade seguía a mesma tónica, con boas defensas e rápidos contrataques que fixeron que o Garaysa fósese ao descanso cun 16-4 a favor.

A segunda metade comezaba igual que a primeira e os de Carballo non deron opción a ningunha reacción do equipo rival. O partido finalizaba cun 33-10 a favor do Garaysa que, coa derrota do Moaña conseguía acadar o segundo posto na Fase de Clasificación.

A próxima fin de semana o Garaysa Xiria xogará o Play off á Liga Ouro infantil masculina.