As nosas xuvenís acadaron esta fin de semana o billete para a liga ouro logo de dous grandes nos play-off.
A andaina comezaba o sábado diante das anfitrioas: o Mecalia Atlético Guardés. O conxunto local chegaba invicto dende a fase de clasificación mentres que as nosas non coñeceron a vitoria na fase previa. O encontro tipo unha primeira parte de tanteo onde o Guardés parecía levar a iniciativa no encontro cunha gran actuación de Carmen Magallanes. Cando parecía que o encontro se rompía logo dunha exclusión de Nerea, o Xiria despregou moitos recursos en defensa e deulle a volta ó marcador para poñerse dous tantos por riba (11-9). Os últimos minutos seguiron a tónica habitual da primeira metade e chegouse ó descanso cun resultado parcial de 13-13 con todo por decidir.
Á volta dos vestiarios, as nosas non conseguían atoparse cómodas en ataque ante o bo 5:1 local que afogaba as accións das carballesas. Na outra área acontecía o mesmo, o 6:0 plantexado polo Xiria daba moitos problemas as locais nas accións de 1×1, máis o ritmo constante e o menor número de pérdidas permitía chegar ós dez últimos o Guardés cun resultado de 17-21.
Nuns últimos minutos de infarto, as carballesas recuperaron a a fortaleza defensiva e o xogo de contraataque grazas boa actuación de María na portería. Chegábase ó último minuto con empate no electrónico e balón para o Guardés, quen rexeitou a posibilidade de porse por diante logo de toparse co pao tras unha boa acción combinativa que remataba con lanzamento dende o extremo esquerdo. Tras un tempo morto a falta de 15 segundos, Duna conseguía o tanto da vitoria e desataba a euforia no banquillo do Xiria que, logo deste resultado (24-23), xa tiña asegurada a praza na Liga Ouro.
O domingo, o encontro contra o Bm. Cañiza tivo moitas menos intensidade. As nosas saíron moi relaxadas e non conseguían frear as 1×1 das cañicenses ó tempo que desbotan moitas accións claras de lanzamento.
A pesar de que as nosas chegaron a ir seis tantos por debaixo, nos últimos 15 minutos recuperouse o xogo rápido e a intensidade defensiva aumentou recortando a distancia ata 2 goles no último minuto 29-27. Dous boas defensas e a actuación de Lucía en portería permitían as carballesas ter bola final para empatar o partido. Logo doutro tempo morto a falta de poucos segundos, esta vez Lara Hernández era a encargada de colar o balón pola escadra e empatar o partido 29-29.
Boa fin de semana para o HVU Xiria que un ano máis volverá a estar en Liga Ouro.