Partido moi igualado entre o Garaysa Xiria e o Abegondo F40 no que os de Carballo logran unha importante vitoria que os manten na zona alta da clasificación.
Garaysa Xiria 28 – Abegondo F40 26
Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza, Xabi Fernández, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pedreira, Lucas Fajardo, Saúl Fuentefría, Álvaro Gómez.
Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).
Comezaba o partido con moitas dúbidas o Garaysa debido á defensa presionante do equipo rival. Foron pasando os minutos, e os de Carballo comezarían a sentirse máis cómodos xogando sen balón e movendo rápido a pelota, co que se chegaría ao descanso con 2 goles a favor para o Garaysa Xiria.
Na segunda metade, os de Carballo levaron o partido controlado en todo o momento con pequenas vantaxes de 3-4 goles, e souberon atacar mellor esa sempre difícil defensa 3:3, co que finalmente a vitoria e os 2 puntos quedarían na casa.
A próxima fin de semana o Garaysa Xiria viaxará o sábado a Tui para disputar o partido aprazado da xornada 9 e xogará o domingo en Carballo fronte ao Balonmán Chapela o partido correspondente á xornada 14.