Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

O LABER B VENCE ANTE O CAÑIZA

O Laber B disputaba o segundo partido da segunda rolda de liga contra o Cañiza. O Laber chegaba con sensacións positivas logo do empate ante o Seis do Nadal. O…

O Laber B disputaba o segundo partido da segunda rolda de liga contra o Cañiza. O Laber chegaba con sensacións positivas logo do empate ante o Seis do Nadal.

O comezo do partido estivo marcado polos ataques, ambos equipos conseguían anotar con moita facilidade e isto facía que o partido levase un ritmo de moitos goles ao final do partido. Sin embargo en canto o equipo carballés ganou un pouco de profundidade defensiva conseguía frear os fortes 1vs1 do equipo de Cañiza. De este xeito e con unha primeira metade na que dominaron os ataques marchouse ao descanso con 17-17 no marcador.

Á saída do paso dos vestiarios o Laber con unha defensa máis activa, apoiada con unha portería acertada e, con maior acerto no ataque conseguía escaparse no marcador ata de 6 goles. Sen embargo, a partir de ahí unha dobre defensa mixta dos de Cañiza facía que o Laber se atascara moito no ataque, con moitos erros de toma de decisión e de lanzamento. Esto fixo que a parcela defensiva tamén baixara o nivel, con todo, a portería foi quen de aguantar o marcador con unha gran cantidade de paradas no tramo final. De este xeito, chegou a ansiada vitoria nun resultado final de 30-28.

LABER B- CAÑIZA

Máis sobre isto