O Garaysa vence grazas a efectividade no ataque

O pasado viernes enfrontáronse o Garaysa Xiria co Bm Atlántico, un equipo que viña en ascenso e con moi boas sensación despois dos últimos resultados. O Gaaysa buscaba os dous puntos e manter as boas vibras do último partido no Gatañal.

 

De este xeito o partido os dous equipos, con un bo ritmo de xogo, conseguiron darlle a súa seña o partido. A velocidade no ataque era unha máxima nos dous equipos, e aproveitando ao máximo esa virtude impoñíanse os atques ás defensas.

A defensa carballesa aínda que si estaba activa na basculación estaba falta de profundidade á hora de defender as sitacións de ataque vs 1vs1 do Atlántico. Así, o partido volviuse físico debido a velocidade dos ataques, as contras e os replegues defensivos. E ahí foi onde o Garaysa conseguiu sacar renta, grazas a profundidade do plantel que está a ganar participando todos a un bo nivel. Con isto ao descanso chegouse 20-16 para os carballeses.

 

A volta dos vestiarios o Garaysa conseguiu ter uns boas minutos en defensa, que fixo que se distanciase no marcador. Sen embargo pronto se volviu a mesma tónica da primeira metade e os ataques conseguían superar ás defensas con facilidade. O Atlántico con garra loitou ata os último minuto e conseguiu recortar a distancia do marcador.

 

Con todo, o partido cun gran ritmo foi entretido para a afección, non tanto para os adestradores debido ao tanteo tan elevado. Sen embargo a nota positiva é conseguir anotar tantos goles para poder superar a un rival complicado.

 

GARAYSA XIRIA 40 (20+20) Hugo García (3), Manuel Pérez (4), Pablo Suárez (3), Xurxo Fraga (10), Marcos Amarelle, Miguel Cambón (2) ,  Ángel Villar, Manuel Rey (2), Erik Vázquez (4), Pablo Veiga (12), Daniel Bello (p), Antón Pardiñas (p), Diego Mourelle.

BM ATLÁNTICO 35 (16+19) Ángel Ramos (5), Tomás Vera (2), PedrO Gil- Rivera (5),  Marcos Vidal (3), Diego Lema (3), Lucas (6), A. Jose Mendoza, Pablo Castiñeira (5), Abel Lopez, Adrián Astray, Roi Fernández (1), David Martínez (1), Daniel Gonzalez (1), Diego Abades(2).