O Garaysa Xiria competirá en Liga Ouro

O Garaysa Xiria acadou a clasificación á Liga Ouro logo de derrotar na mañá do domingo á SD Teucro. Os de Carballo disputaban este Play Off de ascenso á Liga Ouro en Tui, onde tiñan como riváis ao xa mencionado Teucro e ao Bm Tui.

Garaysa Xiria: Álvaro Gómez, Lucas Fajardo, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Xabi Fernández, Hugo Rivas, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza.

Bm Tui 27 – Garaysa Xiria 25

O partido do sábado prevíase que ía ser igualado, e así foi. No primeiros minutos o Garaysa mandaba no marcador grazas á súa boa defensa, pero pasaron os minutos e o Bm Tui reaccionou e impuxo a súa lei mediante rápidos ataques. Chegados ao final do partido, os de Carballo apretaron pero non foi suficiente para levarse a vitoria.

SD Teucro 18 – Garaysa Xiria 29

O partido do domingo era unha final para ambos clubes, xa que os dous viñan de perder fronte o Bm Tui. O Garaysa Xiria non quixo dar opción á sorpresa e dende os primeiros minutos impúxose no xogo e no marcador. Na segunda metade, os de Carballo sentenciaban o partido e conseguían así a clasificación para a Liga Ouro.