O Hierros Varela Urbieta dobrega sen problemas ao Ribadosar

Hierros Varela Urbieta Xiria 32 – Balonmán Ribadosar 12  (14-6)

Partido sen complicacións para un Hierros Varela Urbieta moi superior ao longo dos 60 minutos.

O maior ritmo de balón e a maior solidez defensiva ían impoñéndose a medida que se disputaba o encontro, o Xiria con anticipación de balón conseguía boas oportunidades de contragolpe, a demais de maior definición de cara ao gol. Unn 14 a 6 ao descanso,  poñía claro o rol de cada equipo.

A segunda metade seguiu polos mesmas pautas, o Hierros varela Urbieta movía de extremo a extremo e definía o suficiente para facer dano ao rival, mentres que os santiagueses atopábanse con demasiadas dificultades no seu ataque para chegar francos a portería.

Hierros Varela Urbieta Xiria 21  (7): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Franco Rial 3, Diego Rodríguez 6, Carlos Varela 8, Aaron Rodríguez 4, Manuel Rama 1, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz 1, Pablo Esmorís 1, Alex Puñal 1, Javi Rodríguez 1, Roque Chao e Toni Calvelo 3.

Balonmán Ribadosar 12  (6) Sergio Ferreiro e Mate Coira (porteiros) Anxo Pazos 2, Diego Capella, Alvaro Garnelo 2, Roque Coira 2, Carlos Novás, Jorge Negreira, Roberto Díaz 2, Manuel Durán, Michael Walter e Dorian Hermida 4

 

Arbitrou: Henrique Folgo, sen complicacións

 

4ª Xornada da Segunda División Cadete Masculino