O Garaysa Xiria sofre para conseguir os dous puntos

O Garaysa voltaba a competición logo do parón navideño e despois de rematar unha meritoria primeira volta que o fixo acadar a primeira posición da táboa. Esta posición fai que estos nenos teñan un reto moi bonito e apaixoante que é conseguer manter esta primeira posición tan traballada ate o final da tempada.

Como era de esperar logo do parón o primeiro partido ía a estar cargado de imprecisións. A defensa con continuos desaxustes e unha pasividade pouco habitual e, no ataque tan só se buscaba resolver mediante accións individuais dando pouca continuidade ao xogo en equipo. En este contexto o noso grupo de rapaces perde a súa esencia de EQUIPO combinativo e entregado nas súas accións tanto defensivas como ofensivas. De tal maneira o marcador ao descanso ía 9-11.

A volta dos vestiarios o Garaysa conseguía darlle máis velocidade e sentidos as súas accións ofensivas. Sen embargo non estaban a ter un día acertado na parcela defensiva. De este xeito, a falta de 5 minutos e perdendo de un gol o Garaysa prantexou unha defensa 6-0 que resultou moi eficaz e conseguíu que os carballeses se levaran o partido por 23-22.

GARAYSA XIRIA 23 (9+14) Hugo García (1), Manuel Pérez (1), Pablo Suárez, Xurxo Fraga (6), Marcos Amarelle (3), Miguel Cambón (1),  Ángel Villar, Manuel Rey, Erik Vázquez (5), Pablo Veiga (5), Daniel Bello.

BALONMÁN CHAPELA 22 (11+11) Abraham Martínez (1), Aitor Vilas, Ángel Pérez , Javier Costas, Xoel Fernández (6), David López, Hugo Correa (3), Nicolás Diez, Yago Raimundez (7), Guillermo Lago, Pablo Álvarez (2), Asier Vázquez (3), Samuel Fernández.