Comezaba a competición de Copa para o Garaysa Xiria, e facíao na casa ante o CP Lucense, un rival que viña de gañar de 22 goles á Sar de Redondela e que prevía un partido que iba ser disputado ata o final, e así foi.
Garaysa Xiria 25 – 26 CP Lucense
Garaysa Xiria: Xano Rama, Unai Cotelo, Rubén Nogareda, Álvaro Gómez, Xabier Fernández, Pablo Fraga, Andrés Pedreira, Daniel Marta, Saúl Fuentefría, Andrés Pombo, Nicolás Cancela, Izan Cabeza e Hugo Rivas.
CP Lucense: Iván Vila, Lucas Díaz, Víctor Areán, Roi Lence, Samuel Rábade, Adrián Mosquera, Adrián Feijoo, Santiago Dablanca, Lucas Penas, Gabriel Areán e Amir Berka.
Árbitro: Pablo Manuel Barreiro Suárez do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada do Grupo F da Copa Galicia Infantil masculina disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).
O encontro foi igualado de principio a fin, e de aí que ningún dos dous equipos se marchase no marcador de máis de 3 goles e no que o Garaysa Xiria fixo moito dano no lanzamento exterior e nos contragolpes, pero ao final, a pouca fortuna para os de Carballo nas últimas accións, propiciaría que o Lucense se levase a vitoria por un axustado 25-26.
A vindeira fin de semana, o Garaysa Xiria viaxa ata Redondela para enfrontarse á Sar nun partido no que se xogan meterse nos cuartos de final da Copa.