O Grupo Lemaco Xiria A comeza a tempada superando ao Lavadores

Arrincaba a tempada o equipo cadete enfrontándose na Copa Galicia diante do Lavadores vigués, non tivo problemas para facerse coa vitoria e dominou o encontro dende inicio.

Grupo Lemaco Xiria A 39 – 18 UD Lavadores

Grupo Lemaco Xiria A (19+20): Antón Pardiñas (p), Erik Vázquez (4), Xurxo Fraga (8), Marcos Amarelle (2), Manu Rey (1), Hugo García (8), Ángel Villar, Miguel Cambón (1), Manu Pérez (7), Dani Bello (4) e Chema Negreira (4)

UD Lavadores (10+8): Gabriel Mosquera (p),  Isaac Mani (4), Diego González (5), Xaime Sabín (2), Alexandre Castelao (3), Diego Fandiño (2), Fernando Murillo (1) e Óscar Elortorto.

Árbitros: Pablo Barreiro e Cristian García do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada do Grupo F da Copa Galicia Cadete Masculina disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).

O Grupo Lemaco amosouse sólido tanto na defensa 6:0 onde o rival non atopaba espazos como no 5:1 poñendo un pouco máis de intensidade na presión sobre o balón e os opoñentes contrarios, o que permitía poder saír a contra en numerosas ocasións.

O ataque dos carballeses conseguía  desestabilizar a orde defensivo do Lavadores atopando por onde achegarse a portería con garantías e a vez tivo nos seus xogadores boas decisións de lanzamento exterior que acabaron con éxito convertidos en gol.

Na vindeira semana, o equipo deberá visitar Pontevedra para medirse ao Cisne B para conseguir unha praza nos cuartos de final da Copa Galicia.