O Goldie Xiria Carballo Turismo non foi capaz de dobregar ao BM. Tui

Comezou moi ben o Goldie Xiria Carballo Turismo o partido que lle enfrontaba ao BM. Tui o pasado sábado. A pesar das baixas coas que segue contando, o conxunto de Carballo iniciaría o encontro impoñéndose cunha profunda e atrevida defensa ao ataque do bo conxunto de Tui e desa forma, conseguiría dominar o marcador durante boa parte do primeiro tempo, mesmo cunha diferenza que chegou a ser de tres goles no minuto quince (8-5). Nese último meridiano, as visitantes reaccionarían e conseguirían un parcial de 4-10 que lles daba vantaxe por tres goles ao descanso (12-15). No ataque posicional, o Goldie Xiria comezaba a sentirse atrancado e ademais, as perdas de balón ofrecían goles fáciles ás tudenses no contraataque. A desvantaxe deixaba todo aberto cara á continuación, pero había situacións que mellorar, sobre todo no ataque, xa que non eran só os inconvenientes de non marcar, senón que o equipo rival aproveitaba os erros para golear de forma sinxela.

O Goldie Xiria Carballo Turismo, renovaría o partido coa intención de conseguir esa mellora e de feito, estivo no partido ata o últimos quince minutos do encontro, preto do seu rival e á espera de mellorar unhas prestacións que puidesen darlle a volta ao marcador (16-19). Ante as dificultades persistentes nun ataque atrancado (10 goles nesta segunda parte), as de Xiria cambiarían a sua defensa de 5:1 a 6:0 e á inversa de novo, para conseguir recuperar balóns, conseguir goles ao contraataque e que os ataques posicionales fosen os menos posibles, pero a defensa tampouco estivo acertada nestes instantes e sufría tanto nas situacións do pivote entre liñas como nos lanzamentos exteriores da lateral esquerdo do equipo de Tui. Foron estes últimos minutos, onde ademais a fatiga e a recado o cansazo mental, pasaron maior factura, momento que aproveitaron as visitantes para sentenciar un encontro que estivera máis disputado ata eses quince últimos minutos.

Goldie Xiria Carballo Turismo: 22 (12+10). Sara Pose (p), Carla Santiago, Elba Pérez, Aida Vizcaino (2), Mina Ribullen (4), Tamara Pombo (5), Laura Barbeira (1), Minia Calvo, Jessica Posse (1), Natalia Solís (2), Alba Rodríguez (2), Elena Segade (3), Sheila Ferreiro, Raquel Gómez (2), Eva Calvelo, Saray Couto.

Tui: 28 (15+13). Noemí Romero, Andrea Gregores (1), Sandra Araujo (5), Susana Méndez (5), Nerea Míguez (2), Alba Ferreiro (4), Paola Iglesias (1), Ana Pereira (4), Ana González, Sonia Rodríguez (4), lucía Cruces, Patricia Alfaya, Nera Capón (2).

Colexiados: Alfredo Balado e Patric Espada. Irregurais, aínda que non tiveron influencia no reultado final.

Parciais cada 5´: 3-0 / 5-4 / 8-5 /9-10 / 11-12 / 12-15 – Descanso – 13-15 / 15-18 / 16-19 / 17-22 / 19-25 / 22-28 – Final.

Incidencias: Encontro correspondente a 14ª xornada da 1ª autonómica feminina disputado no pavillón do Ceip Fogar o pasado sábado. Afluencia notable de público que enchíu as bancadas do pavillón colexial.