O Grupo Lemaco comeza o ano gañando ao Reconquista

8ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino

Grupo Lemaco Xiria A 46 – Reconquista de Vigo 35 (22-13)

Logo do parón do nadal de máis de un mes, volvía a competición para o Grupo Lemaco, coa incógnita da volta visitaba Carballo o Reconquista vigués que puxera as cousas difíciles nos cuartos de Copa, pero a pesar dalgunhas baixas o equipo fíxose facilmente cos dous puntos en xogo.
Saíu moi centrado en defensa, coñecedor das variantes do ataque rival e coa intensidade necesaria para poñerse cunha vantaxe inicial que foi dosificando e garantindo unha confianza coa xogar o encontro. Conseguía gol con facilidade o Xiria especialmente co acerto dos seus extremos que estiveron acertadísimos e sen apenas erros de lanzamento.
Tras o descanso e co equipo mermado polas lesións de Dani e Erik, algo que notou sobre todo en defensa o Grupo Lemaco, pois engadíronse a baixa do seu central Marcos Amarelle, o equipo dedicouse a imprimir ritmo alto nos ataques o que fixo disparar o resultado a ese 46 a 35 final.

Grupo Lemaco Xiria A 46 (22): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 10, Rey 6, Hugo García 5, Angel Villar 3, Miguel Cambón 2, Manu Pérez 5, Pablo Veiga 5, Erik Vázquez 3, Pablo Suárez 1, Diego Mourelle 2, Marcos Suárez 3 e Dani Bello 1.

Balonmán Reconquista Vigo 35 (13): Alexandre Dominguez, Pedro Alvarez 1, Sergio Reinaldo 5, Sergio San Millán 2, Nicolás Lamas 12, Diego Armesto 2, Rafael Lowe 1, Héctor Rodríguez 6, David Alvarez 2, Aaron Rodríguez e Alex Alonso 4.

Arbitrraron: Renzo Díaz e Henrique Folgoso