Primeira vitoria do ano para o Calvo Xiria

Bo encontro do noso senior feminino que dominou  dende o comezo, a pesar das baixas, e desfíxose con solvencia do Mantido Sl. Construccións Bm. Xallas.

As seis baixas non supuxeron ningún atranco para as nosas, que cunha defensa 6:0 con moitas presións impedían ás visitantes anotar nos 10 primeiros minutos e o parcial 11-2 no minuto 20 reflexaba a superioridade do conxunto carballés. Unha certa relaxación poñía o 15-7 no marcador ó descanso, pero o control do encontro estaba garantido.

Á volta dos vestiarios, a falta de rotación, a ausencia de xogadoras habituais e a boa actuación da porteira visitante Miriam Blanco impedían ó Xiria despegar aínda máis no marcador, a pesar do bo xogo. Foi momento no que as xuvenís Marta Gómez e Nerea Varela tomaron as rendas do ataque carballés e amosaron estar máis que preparadas para dar o salto á categoría senior. Boa actuación tamén de Alba García, que xunto a Sheila Ferreiro formaron o bloque central do 6:0 durante todo o encontro, e de Lara Otero que volvía ter minutos trala lesión no nocello.

Vitoria final 33-24 e bo arranque de ano para ó Calvo Xiria que aspira a manterse nos postos de play-off e que este sábado viaxa a Vigo para medirse ó Seis do Nadal en busca dos dous puntos.