O Grupo Lemaco A imponse o Galicia Social no primeiro encontro
Abría na mañá do sábado a competición de Liga Prata o Grupo Lemaco A despois de descansar na primeira xornada, e facíao contra as viguesas do Galicia Social no Carballo…

Abría na mañá do sábado a competición de Liga Prata o Grupo Lemaco A despois de descansar na primeira xornada, e facíao contra as viguesas do Galicia Social no Carballo Calero como locais.
As do Xiria comezaron algo imprecisas tanto no ataque como na defensa, o que non lles permitía abrir distancias e o Galicia Social foi quen de complicarlle os primeiros intres con lanzamentos exteriores que remataban na portería carballesa. Co cambio defensivo, as locais mostráronse máis cómodas e foi cando pouco a pouco comezaban a abrir unha distancia que aínda que non era definitiva, si lles permitía xogar con algo máis de calma.
Na segunda metade, cun equipo máis fresco polas rotacións durante o encontro, o Grupo Lemaco A terminou de romper o encontro e conseguir así a primeira victoria na Liga Prata(30-17)
A próxima xornada viaxan ata Redondela para enfrontarse o equipo pontevedrés, mentres que o Grupo Lemaco B recibirá en Carballo o Bm. Moaña
RESULTADOS XORNADA 2
Carballal ¨B¨19-14 Brigantium Morado
UB Lavadores ¨B¨19-23 Seis do Nadal
Gr. Lemaco A Xiria 30-17 Galicia Social


