O Grupo Lemaco “A” moi superior ao Lavadores

1ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 64 – UB Lavadores 2 (29-1)

Comezaba a Fase de Clasificación Cadete Masculino esta fin de semana, os carballeses recibían na primeira xornada ao Lavadores, encadrado no Grupo C xunto a Porriño e Abegondo.
O Lavadores viaxaba dende Vigo con moitas baixas e estivo todo o partido a mercé do Grupo Lemaco, as diferenzas físicas e de xogo plasmáronse nun escandaloso marcador nun encontro que non tivo máis historia.
A vindeira semana os carballeses viaxan a Porriño

Grupo Lemaco Xiria A 64 (29): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 1, Henrique 7, Aday 2, Marcos Suárez 8, Nico Cancela 9, Marcos Varela 7, Brais 3, Simón 5, Maxi 4, Jorge 1, Alvaro García 4, Dani Periscal 13.

UB Lavadores 2 (1): Gabriel Mosquera, Xoan Carrera 1, David Comesaña, Tiago Cherino, Ivan Guisande 1, Gael Cabaleiro e Angel Rodríguez

Arbitraron: Cristian García e Iria Rivera