O Grupo Lemaco B moi superior ao Balonmán Viveiro

Grupo Lemaco Xiria B 46 – Balonmán Viveiro 20 (26-9)

Incidencias: Partido correspondente primeira xornada da Liga Prata cadete disputado no pavillón Vila de Noia

Arbitraron: Pablo Barreiro e Renzo Díaz.

Dou comezo esta fin de semana a Liga Prata e o Grupo Lemaco B afrontouse ao Balonmán Viveiro ao que superou dende o primeiro minuto, demostrando que pode ser un dos favoritos do seu grupo para loitar por clasificarse para a fase final.
Saíron os xogadores moi enchufados, imprimindo velocidade nas accións de ataque e con actitude defensiva de anticipación sobre os contrarios, cada recuperación de balón transformábase nunha rápida contra, o Xiria dominaba aos 15 minutos por 14 a 3 goles, e ao descanso 26 a 9.
Tras a volta de vestiarios os numerosos cambios e variantes deron algo de respiro ao Viveiro, pero as diferenzas foron medrando co transcorrer dos minutos para acabar cunha clara vitoria do grupo Lemaco.

Grupo Lemaco Xiria B 46 (26) : Antón Pardiñas [p], Henrique Traba 7, Álvaro García 3, Daniel Periscal 6, Diego Mourelle 4, Jorge Rodríguez 2, Marcos Suárez 6, Brais Suárez 3, Diego Barbeira 2, Simón Viña 7, Máxi Díaz 4, Lucas Amado e Aday Gómez 2.

Balonmán Viveiro 20 (9): Martín Gómez 1, Héctor Rey, Mael Pérez 6, Pablo Piñón 3, Edgar Duran 8, Lucas Méndez 1, Oliver Insua, Juan Castro, Gabriel Mamani 1, Alejandro López e Pablo Gallego