Unha vitoria que vale uns cuartos

 

As infantís do Punta del Este Xiria conseguiron a clasificación para os cuartos de final da Copa Galicia ao vencer de forma clara ao Coreti Lalin.

Punta del Este Xiria 21 Coreti Lalín 7

Punta del Este Xiria: Elena González, Sara Rial, Clara Graña, Nerea Figueiras, Carla Martínez, Lorena Ngnipa, Lucía Ngnipa, Andrea López, Mencía Rodríguez, Sofía Rey, Xulia Suárez e Lucía Andrade.

Coreti Lalín: Paula Mouriño, Vera Sierra, Amelia Ferradas, Alba Failde, Laura Jimenez, Lara González, Julia Ojea, Uxia Ferradas, Xiana Pereira, Daniela Wolfswinkel, Carlota Gutierrez, Ainara Peña, Cristina Rodríguez, Adriana Ramos.

Árbitros: Manuel Pazos Trillo do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada do Grupo A da Copa Galicia Infantil Feminina disputado no pavillón Ceip Fogar (Carballo).

As carballesas dominaron o encontro de principio a fin, mostrándose eficaces na fase defensiva; o que lles permitiu varias contras nos primeiros momentos que abriron o marcador ata un claro 6-0 no minuto 13. A pesar de non ser o mellor dos encontros dos tres disputados, as locais lograron en todo momento maniatar ás dezanas, que foron perdendo terreo a medida que pasaba o encontro. O resultado amplo permitiu a Zarra poder rotar a todas as xogadoras, e facer diferentes probas para os próximos partidos.