O LABER B SUMA UN PUNTO LOGO DUN GRAN PARTIDO EN VIGO

O Laber B viaxaba a Vigo a enfrontarse a un gran equipo en crecemento como é o Bm Reconquista de Vigo. O Laber tiña o obxetivo de manter as boas sensacións a pesares dos resultados, aínda que tiñan como condicionantes as lesións aínda non recuperadas.

Xa no partido o Laber conseguía frear o ataque vigués grazas a unha defensa intensa e moi concentrada e, apoidados por unha  boa labor na portería. No inicio do partido os carballeses atopaban dificultades para sobrepasar a defensa local e só o lanzamento exterior sumaba goles ao tanteador. Con todo, a defensa mantiña o mesmo nivel e no ataque pouco a pouco chegouse a unha mobilidade maior, o que facía que chegaran situación claras de gol a todos os postos de ataque. De este xeito chegouse ao descanso con 12-14 no marcador.

 

A volta dos vestiarios o partido seguiu a mesma liña. As defensas tiñan máis poder que os ataques. O Laber mantiña a distancia no marcador grazas a súa defensa. Con todo, chegados os últimos 15 min unha serie de imprecisións e de tomas de decisión erradas no atque facía que se puxera por diante no marcador o Bm Reconquista. Sen embargo, no último minuto o Laber igualou o partido e puido defender a última xogada a favor dos de Vigo. En definitiva, un valioso punto para os carballeses nun partido do que poden sair coa cabeza en alto do traballo feito.