O Grupo Lemaco Xiria recibía este sábado no Fogar o equipo que compartía liderato do grupo D ata a fecha, o Bm. Culleredo. Desde o comezo as carballesas mostráronse moi ambiciosas con un parcial demoledor nos primeiros intres de 7-0, que deixaba ás claras que querían garantizar o primeiro posto, cunha defensa asfixiante que provocaba os erros visitantes e as contras que ían abrindo a brecha no electrónico.
O encontro estivo marcado por momentos desiguais, onde na diferencia, o rendemento carballés baixaba por momentos, o que permitía as cullerdenses achegarse ata os seis goles no segundo tempo, pero un novo arreón voltaba a colocar unha diferencia insalvable para as vermellas(34-23), resultado que lles vale tamén para entrar na fase final polo título cas dúas primeiras clasificadas dos outros grupos.
Esa fase final comezará o fin de semana do 14 de decembro, cun calendario aínda por determinar


