14ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino
Culleredo Sweepend 35 – Grupo Lemaco Xiria A 34 – (21-19)
Tivo o empate na derradeira acción o Xiria para poder sacar algo positivo na súa visita ao Culleredo, pero errou e acabou sucumbindo por un gol.
Partido trepidante de dous conxuntos que se coñecen a perfección, si na primeira volta en Carballo o Culleredo foi moi superior, as forzas igualáronse neste choque. Moitos lanzamentos fallados por parte de ambos equipo ao xogarse o partido con moita intensidade e poucas concesións ao rival en defensa, amosándose ambos equipos con poderío físico nos seus compoñentes.
Unha mala saída do Grupo Lemaco, que desperdiciou varios lanzamentos en boa posición fixo que os locais cobrasen unha diferenza de 4 goles que o Xiria non foi capaz de alcanzar, facendo a goma no marcador tan solo se achegaba pero non lograba empatar, algo que de producirse seguramente cambiaría o final do encontro, pese a elo na derradeira acción si que o carballeses puideron empatar.
Agora o Grupo Lemaco loitará pola segunda praza co Cisne pontevedrés, unha vez que os de Culleredo certifican practicamente o primeiro posto da Liga Ouro.
Culleredo Sweepend 35 (21): Marco González, Iago Vázquez, Aaron Blanco 1, Samuel Seijas 12, Miguel Martínez 3, Alejo Martínez 1, Antón Pérez, Nicolás Casal 2, Ivan Sánchez 10, Jaime Serrano, Adrián Veira 4, Anxo Negreira, Atalo Bello 2,
Grupo Lemaco Xiria A 34 (19): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 2, Henrique 9, Aday, Marcos Suárez 8, Nico Cancela 1, Marcos Varela 1, Brais Suárez 5, Simón, Maxi 1, Dani Periscal 5, Alvaro García e Jorge Rodríguez 2.
Arbitrou: Andrea Martínez