O Grupo Lemaco dobrega ao Balonmán Lalín

6ª xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 33 Upi Informática Lalín 27 (13-14)

O Grupo Lemaco foi de menos a máis no seu enfrontamento diante do Lalín e amosou que vai a estar loitando cos favoritos da competición.
Chegaba a Carballo un Balonmán Lalín invicto e con gañas de poñer distancia na clasificación. Saída moi forte dos do Deza que eran capaces de superar a defensa do Xiria que tiña demasiadas complicacións para marcar ao pivote e aos desdobrados lalinenses. A envergadura do Lalín tamén traía de cabeza aos xogadores locais que non vían por onde conseguir marcar con regularidade. Pouco a pouco o Grupo Lemaco foi contrarrestando o ataque do Lalín facéndose maís forte no centro da defensa e na faceta ofensiva lograba chegar con opcións boas de lanzamento.
Segunda metade onde o Xiria imprimiu unha marcha máis que o seu rival, apoiándose na efectividade do lanzamento exterior que obrigaba ao contrario a abrir a súa defensa, algo que ben aproveitaron os xogadores do Grupo Lemaco para incrementar o seu número de goles. Non baixou a intensidade defensiva e soubo ler o xogo de ataque dos seus rivales que foron perdendo forzas no tramo final do encontro cedendo por 33 a 27.

Grupo Lemaco Xiria A 33 (13): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 3, Marcos Amarelle 4, Manu Rey 3, Hugo García 2, Erik Vázquez 3, Angel Villar, Henrique Traba 8, Manu Pérez, Pablo Veiga 10, Pablo Suárez , Dani Bello, Chema Negreira e Diego Mourelle.

Upi Informática Lalín 27 (14): David Failde, Pablo López 4, Sergio Munín 6, Juan Villar 10, Alejo Varela 4, Xosé Cuiña 2, Pablo Pérez 1, Jaime Conde, Miguel Aller, Diego Vázquez, Nahuel Talenca, Mario García, Oscar Hermida e Adrián Hermida

Arbitrou: Cristian García