Previa do 11-12 de decembro

1ª Estatal 

Vibrante xornada a que se vivirá este sábado en Carballo ás 20:00. O Calvo  Xiria, recibe ao Disiclín Balonmán Lalín; líder da categoría. Probablemente é o  partido máis difícil do ano. Un Lalín, con máis experiencia e que vén de  competir nunha liga superior; ante un Calvo Xiria que medirá o seu crecemento nesta parte da tempada. O apoio da afección será moi importante. O Calvo  Xiria terá que ser máis regular e manter o ritmo competitivo que lle esixirá  Lalín, durante o encontro. Son dous dos equipos que menos goles encaixan;  polo que a efectividade cara gol pode ser determinante. Os dous equipos  presentan algunhas dúbidas con respecto aos 16 xogadores convocados, nun  choque onde todos queren estar presentes. Veremos o sábado cales son da  partida tanto para Pablo Cacheda como para Adrián Dubra.  

1ª Autonómica Feminina 

Pero primeiro ás 17:45; o Vila de Noia ten outra importante cita onde o Calvo  Xiria xógase a segunda posición diante o De Pueblo Carnicería Bm Pabellón. A  tal hora; ambos conxuntos comparten posición na táboa empatados a 12  puntos. Este partido marca o inicio da segunda volta nesta primeira fase  ligueira. O equipo que consiga a vitoria daría un gran paso cara diante; aínda  que non sería definitivo; xa que aínda restan 8 xornadas.  

?️ Entradas Emoji ENTRADAS

 

Categorías Base; Liga Ouro 

O Laber Xiria A ten un complicado compromiso na súa visita ao Gatañal;  contra o Luceros; un dos galos da categoría. O equipo está en fase ascendente  en canto a xogo e tratará de competir axustando as perdas de balón para  enfrontar o partido, o sábado á 13:00. O Hierros Varela Urbieta Xiria quere  esquecer a derrota do último compromiso á conta do SAR Rodavigo, o sábado  ás 12:15 no Vila de Noia. O Punta del Este Xiria A tamén se enfronta a SAR,  ás 12:45 no Ceip Fogar; aínda que o compromiso será de maior dificultade  dado que as visitantes son unha das líderes actuais. Grupo Lemaco Xiria AGaraysa Xiria, reciben en Carballo ao Bm Lalín en estado de graza; xa que  encabezan as clasificións neste momento da tempada. Os partidos dispútanse ás 10:15 e ás 11:30 respectivamente.  

Categorías Base; Liga Prata

O Laber Xiria B xoga o domingo ás 11:00 no Ceip Fogar contra o UB Lavadores Vigo. Cos dous puntos en xogo os de Carballo buscan levantarse á cuarta  praza. Mentres o sábado ás 16:00 no Ceip Fogar o Grupo Lemaco Xiria B recibe ao Bm Culleredo Climanosa. Quere seguir mantendo o primeiro posto no  penúltimo partido antes de Nadal.  

Categorías Base; Alevíns e benxamíns 

En alevín 7,Reneymar Xiria, xogará contra Liceo La Paz a domicilio.  O Carpintería Gómez Xiria, recibe o Bm Culleredo Enerxíasolar. E o Laber  Xiria dobra xornada; o sábado xoga contra Bm Culleredo Galkimia e o domingo contra Colegio Liceo La Paz. 

O balonmán 5 esta semana concéntrase en Culleredo; o sábado en Tarrío pola  mañá. Xogarán as alevíns de Reneymar Xiria e Insplaber Xiria e en categoría benxamín mixto, Maquisaba Xiria B e Óptica Auris Xiria

Por último, o domingo pola mañan tamén en Tarrío os máis pequenos xogarán  un torneo amigable. Xs prebenxamíns, Laber Xiria, e xs biberóns, MP Distribuciones Xiria, terán este domingo os seus primeiros partidos da tempada . 

STREAMING E RESULTADOS

Que non cho conten!!! Ven ao balonmán!!!