O equipo cadete femenino do Grupo Lemaco A estrenouse este pasado sábado con unha victoria en Tui, no que foi o primeiro encontro da Fase de Clasificación na categoría.
As carballesas comenzaron o partido con moitos folgos, con ganas de batalla, despois da pretempada, e marcaron diferenzas xa desde o principio. A defensa 6-0 do primeiro tempo só concedía algún lanzamento a distancia das pontevedresas, pero se mostraron moi agresivas sobre o balón, roubando bolas e correndo na contra. As amplas diferenzas no electrónico favoreceron as rotacións, nun encontro onde as de Zarra se mostraron moi superiores o equipo local(13-34). Con esta victoria colócanse no liderato do grupo por diferenza de goles ca SAR de Redondela que tamén gañou con holgura o seu partido. As redondelás serán o próximo rival das nosas dentro de dúas semanas no Vila de Noia