O Grupo Lemaco roza a vitoria contra a Sar
Sar Redondela 27 – Grupo Lemaco Xiria 26 (14-12) Estivo no encontro durante os 60 minutos, e so un criterio arbitral moi rigoroso cos visitantes e moi permisible cos locais,…

Sar Redondela 27 – Grupo Lemaco Xiria 26 (14-12)
Estivo no encontro durante os 60 minutos, e so un criterio arbitral moi rigoroso cos visitantes e moi permisible cos locais, privou aos carballeses de facerse cos dous puntos en xogo.
Tomou vantaxe no marcador a Sar, moito máis atinada de cara a gol, o Xiria co 6:0 víase impotente para parar aos redondeláns nos primeiros minutos, pero non deixaron de loitar e mantivéronse sempre no encontro a base de garra e de axustes defensivos, con dous goles de distancia, 14 a 12, fóronse ambos equipos ao descanso.
Na segunda metade o Grupo Lemaco, soubo xogar o partido, sendo superior ao rival, pero a labor arbitral impedía en todo momento ao Xiria impoñerse no marcador, entrouse na recta final do partido cos carballeses que parecían que se ían a facer cos dous puntos, pero varias accións decisivas declinaron a remontada e permitiron a vitoria dos locais por un gol.
Sar Redondela 27 (14): Manuel Pérez 1, Marcos Costa 9, Iago Docal 5, Licas Pérez, Anxo Silveira, Gabriel Martínez 1, David Rodríguez 1, Alan Castro 1, Pablo Sánchez 1, Pablo Mouriño 8.
Laber Xiria 26 (12): Darío Calviño e Mateo Pérez (porteiros) Samuel regueira 1, Nico García 1, Juanma Fajardo 3, Samuel Veiga, Miguel Goimil 1, Andrés García 1, Esteban Puñal 6, Pedro Porteiro 1, Martín Fuentes 9, Julián García 4 e Alberto García
Arbitraron: Carlos Alonso e Iago Rodríguez


